Blog.

Manifesto do Laboratorio de Formas

Juego de Café RZ-2

O Laboratorio de Formas creado en 1963 na Galiza emigrada como vontade dun grupo de exiliados, proponse o estudio das formas desenvolvidas no pasado galego e as que continúan vixentes. Testemuña do cansancio producido polos últimos ideais cosmopolitas dalgunhas escolas, o Laboratorio pretende encontrar nesas formas esquecidas que perviviron durante séculos, e nos vestixios herdados, as sinais dun propio sistema de expresión.

O Laboratorio rexistra un extenso número de intentos e teorías que van desde as de Ruskin e Morris, os racionalistas, constructivistas e productivistas rusos co seu Vkhutemas, e outros laboratorios, ata as últimas experiencias de Bill, Maldonado, etc., pasando polo exemplo máis coñecido en occidente do Bauhaus.

O propósito que guía ao Laboratorio e a teoría que sustenta, inclúe, ademáis do significado, a orixe das formas, coma un linguaxe que son, defendéndose do cosmopolitismo por respecto á natureza humana.

O Laboratorio de Formas deixou o seu periodo de formulacións teóricas, e apoiándose en varios recursos e autoxestionándose, conta xa no seu haber con dúas importantes realizacións: o renacemento da cerámica de Sargadelos, a empresa de máis alento e prestixio do pasado galego que representou ó mesmo tempo unha das súas maiores frustracións, e a creación do Museo Carlos Maside, que aspira a recoller a obra e a documentación a partir do movemento renovador da arte galega contemporánea co seu entorno social anterior ó conflicto civil do ano 1936, convertíndose en centro das ideas estéticas da Galiza e dos movementos universais da arte. O Laboratorio proponse intervir noutras operacións de investigación que contribúan a restaurar a nosa memoria histórica.

O Laboratorio quere facerse notar máis polas súas realizacións que polas súas formulacións teóricas, amosando un respecto polas dormas que non contaron coa experiencia histórica na súa realización, e mantendo un sistema aberto á evolución das ideas de todo tipo, sin máis limitacións que as éticas.

Manifesto do Laboratorio de Formas
Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo
Buenos Aires, 1970

¿Resulta sorprendente el rechazo a la idea de cosmopolitismo, tan en boga durante décadas? ¿Si hubieran escrito este texto más recientemente habrían utilizado en su lugar la palabra globalización?

Esta tarde busqué el manifiesto en internet y no fui capaz de encontrarlo íntegro. Después de haberlo transcrito, creo que he conseguido lo que quería cumplir cuando abrí este blog, aportar algo de valor a la red. La imagen que ilustra la entrada corresponde al juego de café RZ-2 de Cerámicas do Castro, posiblemente mis piezas favoritas.


Cultura, Diseño | 2 comentarios »


2 comentarios para “Manifesto do Laboratorio de Formas”

  1. Sak dice:

    Eu vexo uns paralelismos clarísimos con Proxectods.

  2. Miguel dice:

    Estaría xenial pensar que si!

Deja un comentario