Nacín o último día de Febreiro de 1985 en Santiago de Compostela. Sigo sentindo que vivo alí, ainda que agora estea en Barcelona. Son internauta intensivo, preciso da música e cústame decidir se prefiro comer ou cociñar. Son de ciencias. Leo bastante, dun xeito arrítmico e descompensado. Non vexo a televisión, ainda que sego moitas series e gústame o cine. Adícome ó mundo do Deseño. Todo moi normal.
Son Enxeñeiro Técnico en Deseño Industrial pola UDC e Máster en Deseño de Produto pola Escola Elisava. Ainda que teño deseñado, agora traballo no soporte e xestión do Deseño nunha pequena empresa, que é ó tempo un estudio e unha editora de produto.
Pódesme escribir para todo o que se che ocurra.