En internet existen dous xeitos xeralizados de se subscribir a un medio: coa recepción de correos electrónicos, ou co feed RSS. O feed RSS é un estándar baseado na linguaxe XML empregado para a sindicación de contidos cun gran número de vantaxes. A subscrición a unha canle online funciona do mesmo xeito que cunha canle analóxica: permite asegura-la recepción de toda a información sen esforzo.
Teño dúas fontes dispoñibles. A primeira é so para o blog, e pódela tomar dende o seguinte link RSS ou correo electrónico. A segunda fonte é global e unifica tódolas canles, ol blog, Twitter, as redes sociais. Este é o enlace RSS, este o da subscrición por correo.
Existe un gran número de opcións para emprega-los feeds RSS, mediante aplicacións en liña ou con programas que podes instalar no teu ordenador. Aconséllote que botes unha ollada a este artigo da Wikipedia para saber máis do tema.